Magosto 2012

Ola a tod@s!

Un ano máis xa temos aquí o magosto. O vindeiro mércores 31 de outubro despediremos o mes coa festa do magosto na nosa escola,  como preludio de catro días feriados nos que pasalo ben na Noite dos Calacús ou cando menos descansar.

Xa sabedes que as castañas tedes que traelas o mesmo día, e deben vir amosegadas para que non estouren ao asalas. Traede tamén un pouco de leña miúda, pico ou piñas. Está aberto asemade o concurso da castaña decorada, e podedes traer as vosas creacións artísticas desde o luns 29 até o mércores 31. Lembrade que cada obra non pode levar máis de doce dos saborosos froitos do castiñeiro.

Para prepararmos a festa  non está de máis desfrutrar cuns poemas, adiviñas e ditos  de outono. Ou uns refráns e lendas.

 

Open publication – Free publishingMore refrans

Coa castaña pódense facer moitas preparacións culinarias, mesmo algunha tan requintada como o marron glace.

http://www.youtube.com/watch?v=1UKdE_GjgJw

E se queredes máis historias e contos sobre as castañas, o magosto e o outono, seguide desfrutando con esta vella entrada deste mesmo blogue:

O verme das castañas…