“En galego,… máis e mellor” nº49

Co mes de outubro volve o boletín “En galego,… máis e mellor” nº 49. Na capa seguimos coa xeira polas mentiras sobre a lingua galega, esa que di que é unha falta de educación responder en galego se che falan castelán. No interior unhas palabras que levan a letra x coa pronuncia ks. Na contracapa unha cita do Xocas sobre cal é o gran labor da sociedade a respecto da lingua, e unha viñeta humorística de Castelao.

Nº 49 outubro 2014 en galego,. from ceiprandufe

Xosé Luís Regueira, membro da RAG, danos unhas explicacións da pronuncia con son ks das palabras que recollemos no boletín.

Os comentarios están pechados.