VII Día da Ciencia en Galego

Aínda que cunha semana da atraso respecto da súa data oficial, non vai pasar este ano sen que celebremos o Día da Ciencia en Galego, que vai xa pola súa sétima edición. Nesta ocasión as figuras homenaxeadas son Gregor Mendel e Cruz Gallástegui.

carteldcg1-2016

 Mendel foi un xenetista que deduciu unhas leis da herdanza a partir dos seus estudos experimentais con chícharos.

gallastegui

Gallástegui foi un enxeñeiro agrónomo e veterinario pioneiro na investigación con híbridos do millo e grande impulsor da modernización agrícola en Galiza.

 

Ambas as figuras teñen moito a ver coa agricultura e a un tipo de plantas agrícolas está dedicado este ano 2016 por parte da Organización das Nacións Unidas (ONU) e da súa Organización para a Alimentación e Agricultura (FAO) como Ano Internacional dos Legumes.

Para celebrar o Día da Ciencia en Galego non só coñeceremos moitas cousas sobre Mendel, Gallástegui e os legumes, tamén as plantaremos na horta e en bandexas para sementes. E non esquezamos que o Día da Ciencia en Galego foi instituído en 2010 para reclamar o dereito a impartir e recibir en idioma galego o ensino das matemáticas, da tecnoloxía e das ciencias en xeral.

legumes

Os comentarios están pechados.