Ecosistemas

 

 

Preparando o “Día da Paz”

Coidar o noso entorno e o noso planeta é algo importante que podemos  facer para sentirnos mellor e para unha convivencia en Paz.

Por iso este ano propoñémosvos coñecer a historia de Wangari Maathai, unha extraordinaria muller keniana. Ela foi a primeira muller africana en recibir  o premio Nobel da Paz, no ano 2004. Desenvolveu unha importante labor en defensa da natureza, a través dun proxecto que supuxo a plantación de mais de 30 millóns de árbores, potenciando ao mesmo tempo o traballo das mulleres do seu país.

” Sementa a Paz” era o seu lema. 

Queredes saber mais sobre a súa vida e as súas actuacións? Aquí vos deixamos uns contos e videos para reflexionar… 

 

 

As plantas

 

” VIII semana da ciencia en galego”

Esta semana no colexio celebramos a ” VIII semana da ciencia en galego” donde traballaremos o dereito a gozar da ciencia en galego, a través de figuras  tan importantes como Charles Darwin e o galego Domingo Fontán. Descobriremos   as Viaxes científicas de Darwin no Beagle, e a Domingo Fontán e a súa Carta Xeométrica de Galicia.

No recuncho de novas da biblioteca, temos una morea de recursos para traballar e facer descobertas sobre os autores homenaxeados este ano.

 

 

Non máis lumes

Hoxe, tristemente, o noso alumnado chegou á escola cos ollos cheíños de lume, fume e tristura… Difícil para nós explicarlle o que sentimos ao ver a natureza arder, as persoas morrer, a vida desaparecer, a nosa terra destrozada. Hoxe todos e todas tratamos de falar, explicar e buscar solucións a esta barbarie que asola aos nosos montes, aos nosos veciños e veciñas, aos animais, ás fragas, ós rios, a todo o que nos caracteriza como habitantes dunha terra que compartimos.

Por iso, e de maneira simbólica, hoxe ás doce do mediodía pedimos non máis lumes, solucións e choiva, moita choiva…

 

 

 

 

 

 

Os seres vivos

Do Sistema Solar ao noso planeta

« Previous Entries