Preparando o “Día da Paz”

Coidar o noso entorno e o noso planeta é algo importante que podemos  facer para sentirnos mellor e para unha convivencia en Paz.

Por iso este ano propoñémosvos coñecer a historia de Wangari Maathai, unha extraordinaria muller keniana. Ela foi a primeira muller africana en recibir  o premio Nobel da Paz, no ano 2004. Desenvolveu unha importante labor en defensa da natureza, a través dun proxecto que supuxo a plantación de mais de 30 millóns de árbores, potenciando ao mesmo tempo o traballo das mulleres do seu país.

” Sementa a Paz” era o seu lema. 

Queredes saber mais sobre a súa vida e as súas actuacións? Aquí vos deixamos uns contos e videos para reflexionar… 

 

 

” VIII semana da ciencia en galego”

Esta semana no colexio celebramos a ” VIII semana da ciencia en galego” donde traballaremos o dereito a gozar da ciencia en galego, a través de figuras  tan importantes como Charles Darwin e o galego Domingo Fontán. Descobriremos   as Viaxes científicas de Darwin no Beagle, e a Domingo Fontán e a súa Carta Xeométrica de Galicia.

No recuncho de novas da biblioteca, temos una morea de recursos para traballar e facer descobertas sobre os autores homenaxeados este ano.

 

 

Entrevista a Antoine Saint Exupéry polos nen@s de 5º de Primaria en conmemoración do día da Paz e non violencia 2017

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ 2017 adicado ao Principiño de Saint de Exupéry

Vivir no solo

RAP “O GALEGO É DE TODOS”

O Colexio Sagrada Familia de Aldán, gañou o premio na sección de videos no Correlingua 2015.  QUE BEN O FAN!!!

O Berce de Papel nº 88

« Previous Entries