Blogaliza utiliza cookies de Google e de WordPress para fornecer servizos e analizar o tráfico. Ao navegar neste sitio estás a aceptar o seu uso.
Máis informaciónAceptar
Esta semana no colexio celebramos a ” VIII semana da ciencia en galego” donde traballaremos o dereito a gozar da ciencia en galego, a través de figuras tan importantes como Charles Darwin e o galego Domingo Fontán. Descobriremos as Viaxes científicas de Darwin no Beagle, e a Domingo Fontán e a súa Carta Xeométrica de Galicia.
No recuncho de novas da biblioteca, temos una morea de recursos para traballar e facer descobertas sobre os autores homenaxeados este ano.
Hoxe, tristemente, o noso alumnado chegou á escola cos ollos cheíños de lume, fume e tristura… Difícil para nós explicarlle o que sentimos ao ver a natureza arder, as persoas morrer, a vida desaparecer, a nosa terra destrozada. Hoxe todos e todas tratamos de falar, explicar e buscar solucións a esta barbarie que asola aos nosos montes, aos nosos veciños e veciñas, aos animais, ás fragas, ós rios, a todo o que nos caracteriza como habitantes dunha terra que compartimos.
Por iso, e de maneira simbólica, hoxe ás doce do mediodía pedimos non máis lumes, solucións e choiva, moita choiva…
Autor: Escola de Randufe
01 27th, 2017 in Educación InfantilComentarios desactivados en Formigas, misión Barcelona
Hai tempo, nesta escola, faciamos unha publicación chamada “O Berce de papel”. Nela os nenos e as nenas do cole contaban cousas dalgún libro. Agora os nenos de 5º de primaria fixeron un video contándonos cousas deste libro,”Formigas, misión Barcelona”.
Botádelle un ollo a ver se vos gusta, e lembrade. Tedes o libro na biblioteca do cole…….
O xoves toda a escola de Randufe asistirá ao espectáculo musical O bigote de Mimí. Se premedes no cartel, poderedes escoitar algunhas das cancións e así ir aprendéndoas para quedar sen gorxa na actuación, cantando e bailando sen parar. Desexamos que vos guste: