Obradoiro de Samaín

O samaín xa chegou, e nós celebrámolo cun obradoiro onde o pasamos de medo!! Fixemos moitas cousas e encargámonos de facer a nosa propia merenda. Foi xenial!!

Obradoiro samain
View more presentations from dousaraujo.

Saída ao Alto do coello

Un frío día de outono, os nenos e nenas de infantil fomos ollar os cambios producidos polo outono no Alto do coello, a fraga máis cercana ao colexio. De camiño poidemos observar os castiñeiros cheiños de castañas dun souto, os carrabouxos dun carballo ou a alfombra de follas que o outono nos deixou polo camiño. Aquí tedes algunhas fotos para que vexades que ben o pasamos.

Alto do coello
View more presentations from dousaraujo.

 

 

Next Entries »