Migración de Blogaliza a Blogger

Debido ao peche de Blogaliza o vindeiro dia 25 de abril, vémonos na obriga de migrar todo o servizo do blog a Blogger. O novo enderezo será https://escoladerandufe.blogspot.com.es/

Alí atoparedes todas as entradas antigas que están en este blog. Desculpade as molestias.

MULLERES DA NOSA HISTORIA

Presentámosvos un traballo feito polos alumn@s de 6º sobre as mulleres máis destacables da historia. Hai moitas máis! pero aquí mostramos as que máis nos gustaron da nosa investigación

Mulleres da nosa historia de ceiprandufe

Día Internacional da Muller

O Día Internacional da Muller celébrase cada 8 de marzo, en todo o mundo, para recordar ás mulleres pioneiras na loita pola igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, e seguir defendendo estes dereitos.

 

 

Celebrando o Día da Paz

Preparando o “Día da Paz”

Coidar o noso entorno e o noso planeta é algo importante que podemos  facer para sentirnos mellor e para unha convivencia en Paz.

Por iso este ano propoñémosvos coñecer a historia de Wangari Maathai, unha extraordinaria muller keniana. Ela foi a primeira muller africana en recibir  o premio Nobel da Paz, no ano 2004. Desenvolveu unha importante labor en defensa da natureza, a través dun proxecto que supuxo a plantación de mais de 30 millóns de árbores, potenciando ao mesmo tempo o traballo das mulleres do seu país.

” Sementa a Paz” era o seu lema. 

Queredes saber mais sobre a súa vida e as súas actuacións? Aquí vos deixamos uns contos e videos para reflexionar… 

 

 

Non máis lumes

Hoxe, tristemente, o noso alumnado chegou á escola cos ollos cheíños de lume, fume e tristura… Difícil para nós explicarlle o que sentimos ao ver a natureza arder, as persoas morrer, a vida desaparecer, a nosa terra destrozada. Hoxe todos e todas tratamos de falar, explicar e buscar solucións a esta barbarie que asola aos nosos montes, aos nosos veciños e veciñas, aos animais, ás fragas, ós rios, a todo o que nos caracteriza como habitantes dunha terra que compartimos.

Por iso, e de maneira simbólica, hoxe ás doce do mediodía pedimos non máis lumes, solucións e choiva, moita choiva…

 

 

 

 

 

 

“O neno bisesto”

O alumnado de 5º cóntanos a súa opinión sobre a lectura do segundo trimestre.

 

« Previous Entries